Artificio Barroco

              

Alejandro Parra, violín barroco
Álvaro González, viola da gamba
Alejandro Rodríguez, tiorba
Sofía Villanueva, clavecín

Artificio Barroco é un ensemble dedicado á interpretación da música do Barroco desde unha perspectiva históricamente informada. Naceu en Vigo, no ano 2022. Propóñenos un achegamento vivo e rigoroso ao repertorio dos séculos XVII e XVIII.

O seu traballo céntrase en recuperar o espírito orixinal desta música a través do estudo das fontes, o uso de instrumentos de época (ou copias dos mesmos) e unha interpretación que busca reflectir os afectos, a retórica e a expresividade propias do Barroco.

A formación camerística é íntima e flexible, combinando o virtuosismo instrumental co profundo respecto polos principios estéticos da época. Desde a máis profunda humildade, tratan de facer de cada concerto unha experiencia tan erudita como emocionalmente próxima.

Os instrumentos que tocan son orixinais ou copias dos mesmos, o cal permitelles ofrecer un son moi próximo ao que debían escoitar os oíntes da época.

Interpretan, ademais, con criterios historicamente informados, polo que o público poderá mergullarse nunha experiencia auditiva moi próxima á música que soaba durante o Barroco.