Teresa Novoa

Mezzosoprano

Natural de Ponteareas (Pontevedra) remata a carreira de piano e realiza os estudos de canto en Galicia e os Superiores en Madrid, baixo a cátedra de Pedro Lavirgen.

Perfeccionu estudos con Montserrat Caballé, Jaime Aragall, Ángeles Gulin, Danielle Ferro (Siena-Italia), Ileana Cotrubas, Ian Baar, Félix Lavilla, Miguel Zanetti, etc.

Ten actuado nos teatros e auditorios mais importantes de España: Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Auditorio Nacional e Teatro Monumental de Madrid, Teatro Campoamor de Oviedo, Teatro Arriaga de Bilbao, Teatro Villamarta de Jerez, Palacio de Festivales de Cantabria, Palau da Música de Valencia, Teatro Cervantes de Málaga, Palacio da Ópera, Rosalía Castro e Colon de A Coruña, Teatro García Barbón de Vigo, etc. así como na maioría dos Auditorios de Galicia, Palma de Mallorca, Las Palmas, Tenerife, Logroño, Cáceres, Badajoz, Córdoba, Granada, Valladolid, etc. así como no extranxeiro: Arxentina, Venezuela, Brasil, Teatro Lírico e Teatro Amadeo Roldán de La Habana (Cuba) Italia e Colomiers, Toulouse e París (Francia).

Inauguróu o prestigioso festival Don Quixote no Vingthiéme Theatre e participou no X Festival Mozart de Madrid, cantando a Misa en Do Menor nos Jerónimos, o I Festival Mozart da Coruña, as Walkirias de Wagner en Vigo e A Coruña, etc.

Foi dirixida, entre otros por Peter Maag, Victor Pablo Pérez, Enrique García Asensio, Ros Marba, Miguel Roa, Miguel Ortega, Enrique Ricci, Tulio Galiardo, Miguel Groba, Moreno Buendía, Xoan Trillo, Paul Daniel, Marcel Van Bree, Ferreira Lobo, Carlos Riazuelo, Pilar de la Vega, Antonio Palau, Juan Udaeta, Fernando Briones, Fernando Vázquez Arias, Luis Malheiro, Vasily Petrenko, etc.

Ten participado en importantes grabacións e concertos tal como a Homenaxe a Rodrigo, Cantos de Amor y de Guerra, acompañada da Orquesta de RTVE e incluída no CD Homenaxe a Rodrigo, recibindo o Premio Nacional da Música no 2001.

Outros traballo discofráficos son: “Clásicos de Navidad”, “Nun tempo sen tempo”, “Cancions galegas”, “Cantata Melida”, “Homenaje a la Zarzuela”, dos CDs de “Romanzas e dúos de zarzuela”, “Dúos e romanzas do Mestre Francisco Alonso” coa Filarmónica de Malaga e colaborado na grabación do CD “Cantares Gallegos” acompañada polo maestro Alejandro Zabala.

Foi profesora de Canto na Escola Superior de Canto de Madrid e no C.S.M. de Vigo, é asidua colaboradora do Ensemble Vocal Ángel Barja de Vigo.