Beatriz Riobó Agulla

Soprano

Comenza os seus estudos de canto baixo a tutela da recoñecida soprano Teresa Novoa.

Obtén o titulo Superior de Canto, o titulo en Gaita Galega, a Licenciatura en Filoloxía Xermánica, o postgraduado en canto polo Royal College of Music de Londres e o Master en Investigación Musical pola Universidade de Valencia. Ademáis, foi gañadora da beca Juventudes Musicales de España no ano 2002.

No campo da música profesional traballou dende 1997 ata 2005 cubrindo a temporada de ópera no Teatro Real de Madrid e en conciertos sinfónicos no Auditorio Nacional de Música da man de directores coma Pedro Halffter, Cristobal Halffter, Krzysztof Penderecki, Marc Soustrot, Daniel Lipton, Friedich Haider, Jesús López Cobos, Antoni Ros Marbá, García Navarro ou Peter Schneider entre outros.

Algúns dos papeles que representou son Susanna en Le nozze di Figaro de Mozart, Fiordiligi en Cosi fan tutte de Mozart, Giulietta en Capuleti e i Montecchi de Bellini, Morgana en Merlín de Albéniz, Dona Elvira en Don Giovanni de Mozart ou Asia en Agua, Azucarillos y Aguardiente de Chueca.

Se incorpora á docencia no ano 2005 no Conservatorio Profesional de Música de Vigo onde exerce na actualidade como profesora de canto.