Sara Ruiz Martínez

Estudou viola da gamba con Itziar Atutxa, Pere Ros e Ventura Rico; con este último obtivo o seu Título Superior no Conservatorio Manuel Castillo de Sevilla.
Trasladouse a Alemaña para estudar un postgrado na Musikhochschule de Trossingen con Lorenz Duftchmid e paralelamente perfeccionouse en Lugano (Suiza) con Vittorio Ghielmi.
Realizou cursos de perfeccionamiento con Jordi Savall, Philippe Pierlot e Cristophe Coin e traballou na música de cámara con Rolf Lislevand. Realizou un máster centrado en Interpretación Retóricamente Informada.
Colabora como solista e como música de cámara con ensembles como Amsterdam Baroque Orquestra, Al Ayre Español, Armonico Tributo Austria, La Cetra Baroque Orquestra, Orquesta Barroca de Sevilla, Orquesta Gulbenkian de Lisboa, La Reverencia, La Tempestad, La Grande Chapelle, entre moitos outros.
Foi premiada co terceiro premio e o premio especial á mellor interpretación da música de K.F.Abel no concurso Bach-Abel de Köthen. O seu primeiro CD como solista La voix de la viole foi adicado a Marin Marais e obtivo eloxiosas críticas como os 5 diapasóns da revista francesa Diapason.
En agosto de 2025 publicouse a súa gravación das 12 Fantasías para viola sola de G.P. Telemann, que obtivo as principais distincións na crítica española: o “Excepcional” de Scherzo, “Recomendado” de Ritmo e o “Melómano de Oro” da revista Melómano.
Ademais, prepara as gravacións das Suites para viola da gamba de François Couperin e as Sonatas para viola da gamba e clave de Bach.
O seu ensemble La Bellemont foi nomeado en varias ocasións como mellor grupo barroco nos premios GEMA e o seu disco Plaisir sacré foi nomeado aos prestixiosos premios ICMA na categoría de barroco vocal.
É integrante de Violanet, un consorcio europeo para a difusión da viola da gamba xunto a gambistas como Marianne Muller, Vittorio Ghielmi, Mieneke van der Velden, Bettina Hoffman ou Myriam Rignol.
Dirixiu o concerto inaugural do European Youth Viol Consort en 2019.
Puxo en marcha o proxecto pedagóxico Teaching to teach, no cal os seus alumnos e alumnas ensinan a tocar a viola a xóvenes baixo a súa supervisión e está a crear unha canteira de nenos e nenas violagambistas na cidade de Vigo.
Dende 2018 dirixe o Consort de Violas da Gamba da Universidade de Salamanca.
Impartíu masterclasses en Austria, Italia, Polonia, Francia, Holanda e Portugal e en varios cursos de verán en España.
É a primeira violagambista española que conseguíu unha cátedra como profesora de viola da gamba que desenvolve no Conservatorio Superior de Vigo, onde ensina dende 2015.
Ademais coopera como maestra voluntaria de viola da gamba na Orquestra Infantil Son das Flores, Música para a Transformación, un proxecto pioneiro en Galicia que emprega a música como ferramenta de transformación social e persoal.
