María Teresa González Mallo

Mezzosoprano

Realiza os estudos de canto no Conservatorio profesional de música de Vigo baixo a maestría de Tatiana Sajarova, obtendo premio extraordinario no concerto fin de grao. 

Cursa estudios Superiores en Vigo e completa a súa formación asistindo periódicamente a masterclass con mestras de alto nivel artístico e interpretativo 
A Canterina de Haydn, con dirección escénica do seu actual mestre, José Antonio Campo, marca o su inicio na interpretación operistica.

Especialmente vinculada a compositores galegos, no ano 2024 estrea as óperas Calix, de Iván Fdez Belmonte, e Loba Branca, de Brais González. 

Conta na súa formación coa doble especialidade, sendo psicóloga sanitaria en activo e máster en Psicología da Música e das Artes Escénicas.

A súa sensibilidade e amor pola saúde mental están presentes de maneira ineludible en cada asesoría que realiza e en cada unha das suas interpretacións.