Clausura de Exposicións de Artistas Portugueses
No marco das exposicións dos artistas plásticos portugueses Francisco Mendes Moreira e Mariana Gomes, que se poden visitar no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), o Coro Voces Graves de Vigo ofrecerá un concerto o venres 25 de setembro, ás 19:00 h, cun programa que reúne música portuguesa e galega.
Durante o concerto, terá tamén a oportunidade de visitar as exposicións.
O concerto contará ademais coa participación da soprano Teresa Novoa, cantante lírica natural de Ponteareas, cunha ampla traxectoria na ópera e na zarzuela, e do pianista Carlos E. Pérez, músico vigués especializado en repertorio vocal e música de cámara e profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Se aínda non tivo a oportunidade de visitar as exposicións, esta é unha ocasión para coñecelas antes da súa clausura, o 27 de setembro.
Programa
OLHOS PRETOS
CASINHA PEQUENINHA
AZULAO
TUDO ISTO E FADO
FADO AMOR
MIÑA SANTA MARGARIDA
BALADA DE OUTONO

