Na honra da Nª Sª de Guadalupe, Padroa de América
Sábado, 12 de decembro de 2026, ás 20:00 h
Igrexa da Sagrada Familia
Rúa das Camelias 66, Vigo
Coro de Voces Graves de Vigo
Dolores Irene González León, soprano
Juanjo Cura, piano
Música e tradición de América Latina
A festividade de Nosa Señora de Guadalupe, unha das celebracións máis significativas para o pobo mexicano, constitúe tamén unha data moi especial para as comunidades latinoamericanas residentes en Vigo, que manteñen vivas as súas tradicións, cultura e identidade.
Como vén sendo habitual cada ano, a nosa agrupación conmemorará esta festividade cunha Eucaristía ás 20:00 horas, seguida dun concerto na Igrexa da Sagrada Familia de Vigo.
Nesta ocasión, teremos o pracer de contar coa colaboración do pianista Juanjo Cura e da soprano mexicana Dolores Irene González León, que, xunto co Coro de Voces Graves de Vigo, ofrecerán un recital integrado por obras representativas da música mexicana e sudamericana.
Será unha ocasión especial para compartir a riqueza musical e cultural de América Latina, nunha xornada de encontro, tradición e irmandade entre as diferentes comunidades.
Programación musical
1. La Guadalupana — Ernesto Cortázar e Manuel Esperón.
2. Plegaria — José Sosa Chávez (1932).
3. Buenos días, paloma blanca.
4. Mañanitas — Popular mexicana / V. C. Ramón Noble (1894).
5. Noches larenses — Juan José Barrios (1894). Venezuela.
6. Regresa a mí — Carmen Lombardo e Danny Di Minno (1958).
7. Casinha pequeninha — Bernardino Belém de Souza (1913). Brasil.
8. Somos diferentes — P. Beltrán Ruiz (1945). Bolero.
9. Yo soy purahey — Mauricio Cardozo Ocampo (1937). Paraguai.
10. No volveré — Manuel Esperón / Ernesto Cortázar (1955).
11. Hurí — Popular (1888). Pasillo colombiano.
12. Cucurrucucú — Tomás Méndez (1954).
13. Cielito lindo — Quirino Mendoza (1882).
