Coro de Voces Graves de Vigo

Formación que nace na cidade de Vigo co propósito de cantar e difundir a música coral escrita para voces iguais masculinas dado o amplo repertorio existente de música coral para esta formación.

Dende a propia Asociación Coro de Voces Graves de Vigo traballamos en diversos proxectos e ciclos de música. Un deles, que denominamos «Os Nosos», ten coma obxectivo a recuperación de autores insuficientemente valorados e a interpretación de obras descoñecidas, esquecidas ou inéditas.

Dous destes relevantes autores son Ángel Barja (1938-1987) no XXXº aniversario do seu pasamento e Felipe Paz Carvajal (1850-1918) no centenario de súa morte en 2018.

O ideario do coro ten coma prioridade a recuperación de obras para voces graves de autores tales coma Reveriano Soutullo, Antonio Jaunsarás, Xoan Montes, Ángel Rodulfo, Fernández Vide, José Baldomir, José Castro «Chané», Pascual Veiga, García Boente, Luis Taibo, etc. Coma exemplo, cabe suliñar a obra «La balada de la nieve» (Diego San José de la Torre / Reveriano Soutullo) que foi un encargo da Sociedade Coral Viguesa en 1913, con intervención de coro femenino.

Dirección: D. Alberto Abal García.

Algunhas das súas actividades e concertos son:

  • Concerto presentación do coro en xuño 2017 no MUSEO DEL MAR DE GALICIA, Vigo, titulado «Señas de identidade».
  • Participación no ENCONTRO DE ORFEÓNS IBÉRICOS en Oporto, 2017.
  • Concerto TUDO ISTO É FADO con motivo do noso 1º aniversario en colaboracvión co grupo de fadistas de Sao Pedro da Cova, Oporto, 2018.
  • XX Festival da CANCIÓN MARIÑEIRA de Bouzas, Vigo, 2018.
  • X Certamen nacional de coros CIUDAD DE JEREZ, outubro de 2018.
  • Actos centráis conmemorativos do centenario de Felipe Paz Carbajal (novembro 2018) dentro da XLII SEMANA MUSICAL DE NOIA, A Coruña.
  • Presentación no Multiusos de Chapela do 1º ENCONTRO DE COROS DE VOCES GRAVES, contando coa participación do Orfeón Moaña (Pontevedra).
  • De xaneiro a agosto de 2018 realización de oito MICROCONCERTOS de presentación do coro en diversas parroquias de Vigo.
  • Acto clausura do curso académico no Instituto OS ROSAIS II, no Auditorio Abanca en Vigo.
  • En decembro de 2018 Concerto de Nadal CANTOS PARA A DIVERSIDADE como clausura do curso de técnica vocal impartido por Teresa Ruíz, directora do grupo de música antigua Ars Longa de La Habana.
  • En marzo de 2019 Concerto conmemorativo da declaración de Fillo Adoptivo de Redondela a DIEGO SANJOSÉ, interpretando obras da súa autoría.
  • En xuño de 2019 organizamos o IIº ENCONTRO DE COROS DE VOCES IGUAIS «DE COSTA A COSTA», contando coa participación do Coro Villa de Navia (Asturias) e Aldapa Abesbatza de Multiva (Navarra).
  • En setembro de 2019 recibimos ao coro uruguayo PRO-MÚSICA do Departamento de Treinta y Tres, dentro da súa xira europea conmemorando o 140 aniversario da creación do Centro Galego de Montevideo (Uruguay).
  • En maio de 2019, concertos conmemorativos das LETRAS GALEGAS en Vigo en Valadares.
  • En xuño de 2l019, participación na XII Mostra Internacional de Música Coral VILLA DE NAVIA (Asturias).
  • Concerto no MARCO, MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO do coro Cuchicheros (Córdoba, Arxentina) dentro da súa xira por España en xaneiro de 2010, en colaboración co Consulado Arxentino da nosa cidade.
  • En xaneiro de 2020 participamos nos actos conmemorativos do 75 aniversario da creación da cofradía Nuestro Padre Jesús del Silencio de Vigo.
  • Concerto Solidario para o Banco de Alimentos da cidade no 2020 na Igrexa dos Xesuítas en Vigo.
  • Encargo da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo a Juanjo Cura da partitura DIS MA MA MÁ con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 adicado a XELA ARIAS, peza para coro solista e piano que foi estreada o 17 bde maio coa participación da soprano Beatriz Riobó.
  • En xuño de 2021 estrea no propio mosteiro da Misa de Sobrado dos Moxes de Sebastián Paz, interpretada tamén na Catedral de Santiago de Compostela no Misa do Peregrino do 22 de xaneiro de 2022 con motivo do Ano Santo.
  • Organización e participación no 1º CICLO DE MÚSICA DE ADVENTO en novembro de 2021 en TRÍPTICO DE NADAL en decembro de 2021.
  • Celebración do DÍA DANTE o 25 de marzo de 2022 no MUSEO DO MAR DE GALICIA e o concerto NUOVE MUSICE o 18 de febreiro na IGREXA DAS TRINITARIAS en Vigo, co trio de música antiga Aland López / Teresa Paz / Beatriz Riobó en convenio coa Asociación DANTE ALIGHIERI, COMITÉ VIGO, dialogando entre a música galega e italiana.
  • ROTEIRO MUSICAL POLO ROMÁNICO VIGUÉS, mixtura de música e charlas dibulgativas sobre arte e arquitectura románica nas igrexas de Santiago de Bembrive o 8 de marzo de 2022, en Santa Martía de Castrelos o 9 de marzo de 2022 en en Salvador de Coruxo o 10 de marzo de 2022, nos actos da Semana Santa viguesa.
  • Participación e organización do VIIº ENCONTRO IBÉRICO DE COROS en Redondela
  • Fomento do DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA VÍA DA PRATA o 14 e 15 de maio no Casino de Salamanca (concerto de autores galegos) e no Santuario de Santa Teresa de Alba de Tormes (concerto e misa do Camiño adicada ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes).
  • PROXECTO MALGACHE, concertos solidarios en diferentes igrexas galegas (Xesuítas, e Santuario María Auxiliadora en Vigo e Santiago Apóstol en Redondela) a favor da localidade de MAHAIZA, no centro da Illa de Madagascar (África), acadando unha considerable axuda económica entregada para Servicios Sociais desta parroquia.
  • CANTICUM, estrea da obra de San Francisco de Asís en Santiago de Vigo, con música de Ángel Barja, nun convenio internacional premiado pola ASOCIACIÓN DANTE DE ROMA.
  • Concerto na Igrexa de San Juan Bautista e misa de honra no Convento das Carmelitas Descalzas con motivo do peche dos actos centrais do IVº CENTENARIO PROCLAMACIÓN SANTA TERESA DE JESÚS en Alba de Tormes (Salamanca).
  • Do 15 ao 19 de decembro de 2022, dentro do IIº CICLO DE MÚSICA DE ADVENTO no Nadal 2022, organización en realización dos concertos: 100 anos / 100 voces con motivo do Centenario do Himno do Cristo da Victoria de Vigo (P: J. Argüelles / Torres Creo) na Colexiata de Vigo.
  • Concertos «Pax Mundi» contando coa participación dos coros CAPELA MARTA de Povoa de Varzim, e CORO MANUEL GIESTEIRA de Amorín, Portugal, na Capela das Trinitarias de Vigo e na Igrexa de Santiago Apóstol de Redondela, respectivamente.
  • Concerto e presentación do disco LA TIORBA Y EL TODESCHINO da man de ALAND LÓPEZ e TERESA PAZ.
  • Misa na honra de D. RAMÓN OTERO PEDRAYO na Igrexa de San Pedro de Trasalba oficiada polo Sr. Bispo de Ourense e posterior concerto na casa museo do escritor. Todo isto organizado porla Fundación Otero Pedrayo coa colaboración da Excma. Deputación de Ourense.
  • Na actualidade traballamos nun proxecto denominado «Roteiros …» que consiste nunha viaxe musical pola xeografía galega e a súa toponimia.
  • Dende abril de 2019 pertencemos a ACOPOVI (Asociación de Corais Polifónicas de Vigo) e colaboramos nos convenios propios da Deputación de Pontevedra.