Ensemble Vocal Ángel Barja

O Ensemble Vocal Ángel Barja, con sede en Vigo, Galicia, é un conxunto vocal creado co propósito de fomentar e divulgar a música coral recente e de autores clásicos. O grupo está formado por un número variable de integrantes, adaptándose ás necesidades do repertorio que interpreta, e colabora habitualmente con destacados cantantes solistas e instrumentistas.

Dende a súa fundación, participa en eventos culturais de relevancia, como o XXX Aniversario da morte do compositor Ángel Barja e o VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui.

A nivel internacional, realizou unha exitosa xira pola Bretaña francesa en 2018, convidado polo Coro Iroise de Plouzané (Brest), e recentemente, en maio de 2023, ofreceu dous concertos en Asís e Roma (Italia) interpretando a obra Canticum, con música de Ángel Barja e textos de San Francisco de Asís, dentro dun convenio de fomento das culturas italianas e galega.

En novembro de 2024, participou no ciclo Música de Santos en Roma, celebrado na Basílica de Sant’Andrea delle Fratte, e na Misa de Defuntos na Igrexa Española de Santiago e Montserrat en Roma. Ademais, organizou e colaborou en varias edicións do ciclo de música Ai Ondas.

A dirección artística do grupo está a cargo de Alberto Abal García.


Compoñentes

Sopranos: Cruz Vázquez, Elvira Pontevedra, Isabel Correa, Mónica Muñoz, Sesi, Susana Rodríguez.

Contraaltos: Ana, Begoña Coello, Blanca Staton, Leonor Giménez.

Tenores: José Manuel Fernández.

Baixos: Antonio, Fernando Saura, José Luis Camaño.


Colaboramos frecuentemente con solistas e grupos

Solistas vocales

Sopranos: Beatriz Robó, Indra Sesti di Lucca, María Teresa González Mallo, Teresa Novoa.

Baixos: Alfonso Castro, Jorge Pazó, Juanjo Cura.

Grupos instrumentales

Artificio Barroco: Alejandro Parra (violín barroco), Álvaro González (viola da gamba), Alejandro Rodríguez (tiorba).

Instrumentistas

Piano: Carlos Enrique Pérez, Daniel Goberna, Juanjo Cura.

Órgano: Leisberth Moreno, Marta Barreiro, Sofía Villanueva.

Clave: Sofía Villanueva.

Guitarra: Rubén Pérez.

Viola da gamba: Marcelo Rubio.

Oboe: Alicia Hermelo.