Ana Pereira Molares

Conferenciante

Doutora en Historia da Arte. Ao longo da súa carreira compaxinou a docencia cun intenso labor investigador, centrado na arquitectura galega da Idade Moderna.

Vencellada a Tui: Autora do libro de referencia «Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII» (Fundación Barrié), estudo exhaustivo que cubriu o baleiro histórico sobre a arquitectura da rexión.

Vencellada a Vigo: Membro Numerario do Instituto de Estudos Vigueses dende 1998, sendo a primeira muller en ingresar nesta institución. Colabora co MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) dende 2003 impartindo cursos.

Nos últimos anos, esta liña de investigación deu paso a reflexións noutros ámbitos das artes, como a presenza das mulleres na creación artística ao longo da historia. Un claro exemplo é o seu estudo sobre ‘Pintoras viguesas do século XX’, que constituíu o seu discurso de ingreso no Instituto de Estudios Vigueses, como a primeira muller que foi nomeada membro da devandita institución.

A estes traballos de carácter docente e editorial únese a súa actividade como conferenciante, colaboradora de prensa, comisaria de exposicións, etc.

Foi profesora responsable do programa de didáctica da Historia da Arte de Caixanova (actualmente Afundación/Abanca), e dende 2003 colabora co MARCO impartindo cursos de Iniciación á Arte Contemporánea para adultos.

Destacamos o seu traballo de investigación editado pola Fundación Barrié sobre a arquitectura e a arte galegas, especialmente a referida a  Arquitectura Civil y Religiosa en la Diócesis de Tui durante los siglos XVII y XVIII, obra fundamental que aportóu luz sobre un período histórico pouco estudiado, consolidando a sua figura como experta na historia artística da comarca de Tui e Vigo.