Los cortos afanes de mi aliento

Domingo 21 de xuño, 20:00 h

Igrexa das Trinitarias, Vigo

Sofía Villanueva Aldeanueva, clave
Clara Alonso Jeremías, soprano
Viktoria Salo, violín
Artificio Barroco

A Península Ibérica foi un centro moi importante para a creación de música polifónica durante o Renacemento. Esta tradición mantívose forte ata o período Barroco, a pesar do desenvolvemento de novas tendencias musicais en Europa. Os instrumentos máis empregados neste contexto foron o órgano e a arpa de dúas ordes, unha arpa con dúas filas de cordas cruzadas orixinaria da península. Tal foi a importancia de ambos instrumentos que gran parte da música publicada foi escrita para ambos por igual.

“Estos cortos afanes de mi aliento” é un verso do soneto escrito polo arpista Diego Fernández de Huete (1650 – 1711) á Virxe María para expresar como a vida e a música efémeras se comparan coa súa grandeza. O poema atópase no seu Compendio Numeroso de Zifras Armónicas, unha obra en dous libros que contén un total de 92 pezas, principalmente para arpa, que publicou despois de 30 anos dedicado a este instrumento. Entre esta extensa colección atópanse La Tarantela e Españoletas, pezas que se interpretarán neste concerto.

O concerto ten como obxectivo dar a coñecer a música ibérica, tanto de arpa como de teclado, a través do clave, a voz e a música de cámara. A actuación está dirixida e interpretada ao clave por Sofía Villanueva Aldeanueva, xunto cos membros do conxunto Artificio Barroco: Alejandro Parra (violín barroco), Alejandro Rodríguez (guitarra barroca), Álvaro González (viola da gamba), e coa colaboración de Clara Alonso (soprano) e Viktoriia Nadiia Salo (violín barroco).

Este concerto terá lugar o domingo 21 de xuño ás 20:00 horas na Capela das Trinitarias e ten como obxectivo mostrar principalmente o repertorio español. Celébrase en conmemoración do Día Internacional da Música e forma parte do Ciclo Ai Ondas.

Por ti sola, Señora, espera el hombre,
El eterno gozar, dulce contento;
Y así, el que te dedique, no te asombre.
Estos cortos afanes de mi aliento
.

Prensa