OS NOSOS

OS NOSOS é un ciclo de música que con carácter de continuidade nace co propósito de divulgar, lembrar e fomentar a obra de insignes múscos e literatos galegos esquecidos e non suficientemente valorados.

Ano 2018

Con motivo da conmemoración do primeiro centenario da morte do compositor galego FELIPE PAZ CARBAJAL (Pontevedra 1850- Noia 1918), autor dunha importante producción de obra para banda, piano e coro creóuse o CORO DE VOCES GRAVES DE VIGO co propósito de recuperar e divulgar a obras escritas para orfeón, adicándolle a este autor a primeira edición do ciclo “OS NOSOS”

Co propósito de dar a coñecer tanto o traballo do coro como así como a obra do referido autor, organizamos unha serie de CONCERTOS DE PETO en diferentes parroquias de Vigo e comarca:

  • 21/1/18 Igrexa San Francisco Javier, PP Xesuítas, Vigo (12:30 hrs.)
  • 18/2/18 Igrexa das Trinitarias, Vigo (12:30 hrs.)
  • 17/3/2018 en la Igrexa da Soedade, Vigo (20:00 hrs.)
  • 14/4/18 Igrexa do Perpetuo Socorro de Vigo (20:00 hrs.)
  • 2/6/18 Igrexa Santiago Apóstolo de Redondela (20:00 hrs.)

En outubro dese mesmo ano, atendendo a unha invitación do Ayuntamiento de Jerez participamos no evento Encuentro Nacional de Corales “Ciudad de Jerez” o 27 de octubre de 2018, tendo a oportunidade de divulgar e dar a coñecer a obra de Felipe Paz Carbajal fora de Galicia, coincidindo con diversos coros de Badajoz, Cádiz e Jerez.

Os concertos centrais de homenaxe a PAZ CARBAJAL realizáronse no centenario do seu pasamento, o 24/11/2018 no Teatro Coliseo Noela polo Concello de Noia e o 25/11/2018 no Multiusos do Piñeiral, en Chapela.

Nese mesmo ano, o 25 de febreiro de 2018, con motivo da exhibición do Pergamiño Vindel no MUSEO DO MAR DE GALICIA en Vigo, programamos o concerto “OS NOSOS: MARTÍN CODAX e o seu tempo”

Nese concerto estreamos AS SETE CANTIGAS DE MARTÍN CODAX, obra póstuma que o músico JOSÉ BARJA IGLESIAS (1933-2017) compuso con motivo da exposición “Tesouro en sete cantigas” , agrupando no mesmo concerto obras de autores da lírica medival galego-portuguesa tales como Mendinno, Johan de Cangas, D. Dinis, Alfonso X…

O mesmo concerto realizouse no MULTIUSOS DA XUNQUEIRA de REDONDELA o DOMINGO 22 DE ABRIL DE 2018 ÁS 20:00 HRS.

Ano 2021

“AS NOSAS: XELA ARIAS” (1962-2003)

O ano 2021 adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS á poeta XELA ARIAS. Por tal motivo realizamos unha nova edición do ciclo “AS NOSAS: XELA ARIAS”

Neste acto de homenaxe a esta autora e a súa singular e comprometida poesía, o CORO DE VOCES GRAVES DE VIGO , ofrecemos a estrea absoluta da obra DIS-MA-MA-MÁ (poema extraído do seu libro “DARÍO A DIARIO”), peza composta para coro, solistas e piano por encargo da propia asociación ao compositor Juanjo Cura, interpretada polo CVG por Beatriz Riobó, soprano e o pianista Alejo Amoedo, recital patrocinado polo Concello de Redondela, acto celebrado na Alameda Rosalía de Castro de Chapela o 17 de maio de 2021.

Ano 2023

No ano 2023 adicamos o ciclo “OS NOSOS” a un músico senlleiro no eido da música coral galega; o compositor e director porriñés ANTONIO PAZ VALVERDE (1937-2022) finado o 26 de decembro de 2022.

No primeiro cabodano do seu pasamento, na Igrexa Santuario de María Auxiliadora ten lugar o recital OS NOSOS: ANTONIO PAZ VALVERDE o SÁBADO 2 DE DECEMBRO DE 2023 ÁS 20:15h. e posterior homenaxe na súa vila natal o 15 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DO CÍRCULO CULTURAL DE O PORRIÑO.

Ano 2025

OS NOSOS: JAVIS BUSTO pola importante e numerosa obra escrita por este compositor vasco sobre textos en galego, especialmente rosalianas, das que seis pezas están adicadas a nosa asociación.

O recital celebrouse na IGREXA SANTUARIO DE MARÍA AUXILIADORA o DOMINGO 18 DE MAIO DE 2025 ás 20:45h.