Ne Timeas Maria

Xoves 10 de decembro de 2026, ás 20:00 h
Igrexa das Trinitarias, Vigo

Cuarteto Vocal Expertimento
Polifonía Relixiosa na Europa Renacentista do s. XVI

Ensemble Vocal Ángel Barja

Concerto de Advento do V Ciclo Ai Ondas

A Luz feita música

A través deste programa, adentrámonos nun universo sonoro no que a música se converte en oración, contemplación e esperanza.

A polifonía renacentista de Tomás Luis de Victoria, Giovanni Pierluigi da Palestrina, Thomas Tallis, Thomas Morley e outros grandes compositores dos séculos XV e XVI revélanos a extraordinaria capacidade da voz humana para expresar o espiritual. Entre a serenidade de Sicut cervus, a profundidade de Super flumina Babylonis e a delicadeza de Ne Timeas Maria, as voces entrelázanse nun diálogo íntimo que trascende o tempo.

Dende a tradición sacra española ata a inglesa e a italiana, cada obra convídanos a percorrer distintos camiños da alma: a loanza, a súplica, a confianza e o anhelo de paz. Un legado musical que atopa continuidade en Lux, de Leisbert A. Moreno, onde a creación contemporánea renova o símbolo da luz como expresión de vida e esperanza.

A viaxe culmina con Christmas Lullaby, de John Rutter, que nos conduce á tenrura e ao recollemento propios do misterio do Nadal.

Da solemnidade renacentista á intimidade contemporánea, este concerto convídanos a deter o tempo e deixarnos envolver pola beleza das voces, lembrándonos que a música, cando nace do máis profundo, pode converterse nun espazo de encontro, silencio e luz.

Programa

Expertimento

Lauda Jerusalem – Juan Navarro «Hispalensis» (España c. 1530-1580)

Christus Factus Est – Felice Anerio (Italia c. 1560 – 1614)

Senex Puerum Portabat – Tomás Luis de Victoria (España 1548 – 1611)

I Heard a Voice – Thomas Morley (Inglaterra 1557 – 1602)

Adoramoste Señor – Francisco de la Torre (España 1460 – c. 1504)

Super Flumina Babilonis – Giovanni Pierluigi da Palestrina (Italia 1525 – 1594)

If Ye Love Me – Thomas Tallis (Inglaterra 1505 – 1585)

Tribularer – Francisco de Peñalosa (España c. 1470 – 1528)

Ne Timeas Maria – Tomás Luis de Victoria (España 1548 – 1611)

Ensemble Vocal Ángel Barja

Lux – Leisbert A. Moreno (2025)

Christmas Lullaby – John Rutter (1990)

Expertimento e Ensemble Vocal Ángel Barja

Sicut Cervus – Giovanni Pierluigi da Palestrina (Italia 1525 – 1594)