Metáfora das Flores

Compoñentes:

  • Anna Aurigi, Soprano
  • Magna Ferreira, Soprano
  • Patricia Pescadinha, Soprano
  • Beatriz Oliveira, Mezzo Soprano
  • Marta López, Órgano

O grupo Metáfora das Flores, nome inspirado na obra literaria de Soror Maria do Céu (1658–1723), realizou a súa primeira xira en Portugal e España en maio de 2019, cun programa dedicado á música e á literatura nos conventos de Santa Clara. Desde entón, dedicouse á presentación de obras, na súa maioría en estrea moderna, de Frei Francisco de S. Boaventura, Marcos Portugal, António da Silva Leite, entre outros, priorizando a divulgación do patrimonio musical dos conventos femininos.

Presentouse na Igrexa de Santa Clara-a-Nova (Festival Música n’Aldeia, Coimbra), Igrexa de S. Francisco (Évora), Igrexa Matriz de Barcelos (Festival Do Ferro ao Ouro), Igrexa de S. Pedro (Festival Internacional de Música Relixiosa, Guimarães), Catedral de Tui (Festival Un Camiño ben temperado) e nas Igrexas de Santa Clara (Porto e Santiago de Compostela).

Recentemente, publicou o seu primeiro CD, titulado «He precizo dizer com a voz», no que se inclúe a primeira gravación do «Requiem» de Frei Francisco de S. Boaventura, obra única na historia da música portuguesa do século XVIII.

O grupo está dirixido pola cantante e mestra Magna Ferreira, tamén responsable da investigación e edición das obras presentadas.